A experiencia de aloxarse no Hotel Pazo de Altamira complétase coa proposta gastronómica e cultural do ser restaurante Café de Altamira. Conectado ao hotel, e cunha entrada propia fronte á Praza de Abastos, permite gozar a calquera hora dun ambiente bohemio e unha carta chea de sabores auténticos. Paga a pena probar a súa cociña de mercado con fortes raíces de cociña galega actualizada por un novo equipo de cociña. Caracterízase por sabores frescos, cunha carta contemporánea e divertida na que sempre é protagonista o bo produto local de tempada. O restaurante é cociña de mercado e máis. Máis é vida cultural, cunha programación pensada para alimentar corpo e alma.