Fai a túa reserva ó mellor prezo.
hotel pazo de altamira | hotel | hotel pazo de altamira
542
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-542,cookies-not-set,,wpb-js-composer js-comp-ver-7.5,vc_responsive
 

Hotel

“Sentir o pulso da cidade nun hotel con encanto no corazón de Santiago”

Un pequeno hotel con encanto ideal para gozar da vida na zona histórica de Santiago, situado xunto á Praza de Abastos a só 400 metros da Catedral e a un quilómetro da estación de tren. Construído sobre o antigo Pazo de Altamira, o edificio está rehabilitado cun estilo funcional e contemporáneo. Un hotel de 3 estrelas e co distintivo Q de Calidade Turística perfecto para descansar e gozar dunha estanza con todas as comodidades, un trato excelente e unha situación idónea para explorar a vida compostelá. Goza de cuartos con amplas vistas dende balcóns e galerías que miran cara ao oeste de Santiago, sobre os tellados da cidade e co monte Gaiás ao fondo.

O restaurante, conectado co hotel e con entrada propia fronte á Praza de Abastos, ofrece a oportunidade de somerxerse na vida local e saborear a cultura e a gastronomía galegas cunha interpretación actual. Na zona hai varios parkings públicos. O Hotel é accesible para persoas con mobilidade reducida e ofrece servizo de espertador, lavandaría e prensa personalizada. Tamén ofrece aos seus hóspedes transfer ao aeroporto de Santiago e organización de excursións.

No Hotel Pazo de Altamira mímanse todos os detalles para facer da estanza unha experiencia excelente na que empaparse de todo o sabor da Compostela histórica e a contemporánea. Un lugar perfecto para rematar e comezar un novo camiño.