Tres propostas para facer da estanza unha experiencia inesquecible e explorar o lugar.
Descobre o lado máis vivo e actual de Santiago. Dende as galerías de Hotel Pazo de Altamira outeamos o monte Gaiás coa nova Cidade da Cultura deseñada por Peter Eisenman. A ruta pola Compostela contemporánea comeza moi preto do hotel, no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), do arquitecto Álvaro Siza, do que tamén é obra a Facultade de Ciencias da Comunicación no campus norte e o deseño do parque de Bonaval. Paseamos polo Santiago máis actual….
Unha merecida recompensa para os que culminan o camiño de Santiago ou calquera que queira gozar dunha relaxante xornada de baños termais. A ribeira do río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense ofrece marabillosos recursos naturais. A Chavasqueira, Outariz, As Burgas… Empezamos a xornada cun bo almorzo no noso hotel e un paseo ata a próxima estación de ferrocarril sen esquecernos o bañador e as chanclas. En menos de 40 minutos en tren, chegamos a Ourense…
Deixámonos guiar polo padal e pola autenticidade dun dos produtos con máis tradición: os queixos. No buffet do almorzo abrimos boca cunha boa variedade. San Simón, de Arzúa-Ulloa, ou Cebreiro e de Tetiña son as catro denominacións de orixe galegas. Xantamos tamén con bo leite e iogures ecolóxicos de Casa Grande de Xanceda. Esta ruta propón un percorrido saboroso e auténtico polos lugares da produción artesá visitando granxas e queixarías que procesan o leite de vaca, toda unha icona de Galicia…