Fai a túa reserva ó mellor prezo.
hotel pazo de altamira | cuartos | hotel pazo de altamira
259
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-259,cookies-not-set,,wpb-js-composer js-comp-ver-7.5,vc_responsive
 

CUARTOS

“Deseño funcional e contemporáneo no antigo Pazo de Altamira”

Cuartos cálidos e elegantes personalizados con cabeceiros de pinotea con deseños exclusivos, iluminación iGuzzini e cadeiras orixinais modelo Eames editadas por Vitra. Un lugar con estilo ideal para descansar e gozar de todas as comodidades co encanto dos balcóns e galerías da arquitectura tradicional galega combinados cun interiorismo funcional e contemporáneo. Resalta a limpeza das cores brancas e a calidez da madeira.

Cuartos onde gozar da tranquilidade e o máximo confort durante a estanza, todas dotadas de aire acondicionado, calefacción, wifi, minibar, caixa forte, escritorio, TV por satélite, prancha, secador e teléfono.

Os cuartos superiores contan con galería, vistas dende maior altura, servizo de té, minibar completo, albornoz, zapatillas e amenities Sundari.

Todos os hóspedes teñen acceso ao salón social situado no ático do edificio, un espazo con lucernario e vistas sobre Santiago nas que relaxarse, tomar un té, ver a televisión ou reunirse.